O Bono Activa Comercio promocionouse na vila

Francisco Fumega, Gabriel Alén, Juian Garriga, Ricardo Perea e Pablo Fernández.
photo_camera Francisco Fumega, Gabriel Alén, Juian Garriga, Ricardo Perea e Pablo Fernández.
A partir da próxima semana, os consumidores interesados poderán descargar o bono de 30 euros,

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, realizou onte unha visita ao comercio carballiñés para informar da posta en marcha do programa Bonos Activa Comercio por parte da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación co obxectivo de favorecer e impulsar a reactivación do comercio local e de proximidade. Esta iniciativa despregará un total de 330.000 bonos, orientados aos galegos maiores de idade, cun orzamento total de 10 millóns de euros. Gabriel Alén, acompañado do alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, e de Julián Garriga, presidente do Centro Comercial Aberto, visitou o establecemento de venda de roupa "Kirschen", onde explicou que os comercios interesados en adherirse a esta campaña teñen aberto o prazo de inscrición ata o vindeiro 15 de maio. 

A partir da próxima semana, os consumidores interesados poderán descargar o bono de 30 euros, que ten formato dixital a través dun código QR que estará dispoñible para a súa utilización na aplicación móbil Wallet.

Te puede interesar