MELLORAS

Unha brigada procede a limpar a contorna do río Arenteiro

Unha das zonas xa libres de maleza.
photo_camera Unha das zonas xa libres de maleza.

A Concellería de Medio Ambiente do Carballiño comezou esta semana un plan de acondicionamento e desbroce do paseo e sendeiros do río Arenteiro, da Piscifactoría e do Parque Municipal.

Operarios da brigada de Medio Ambiente, que ata este momento estiveron ocupados nos labores de desinfección das beirarrúas e espazos públicos do Carballiño, realizan este traballo, que se iniciou na contorna da Piscifactoría e que continúa polo paseo e sendeiros do río Arenteiro, así como polo Parque municipal, que son os lugares de maior afluencia de público desde que se permite pasear e facer deporte desde que comenzou o confinamento por causa da pandemia do Covid-19.

 Os responsables municipais afirman que está previsto que esta semana quede rematado o desbroce na zona da Piscifactoría, así como nas beiras do río Arenteiro, e que a próxima semana se proceda a acondicionar o Parque municipal.

Deste xeito quedará en perfecto estado, tendo en conta a abundante maleza que invadía estes espazos naturais.

Te puede interesar