fetega

Broche de ouro para o teatro no Carballliño

O Carballiño. 24/08/2018. Fetega no auditorio da Veracruz do Carballiño.
Foto: Xesús Fariñas
photo_camera O Anfiteatro da Veracruz acolleu a última peza teatral ó aire libre desta edición.

O Fetega baixou o telón da súa 29ª edición cunha gala chea de representacións e rostros coñecidos

A gran festa do teatro galego, o Fetega, poñía fin onte a una edición que marcará un antes e un despios na súa ampla traxectoria. Un ano no que a programación viuse reducida a tres días, dos tradicionais cinco de duración, e que supuxo un gran esforzo para a súa organización ó contar con menos financiación da prevista. 

A xornada deste venres foi intensa, como xa nos ten acostumados o Fetega. Neste caso, a encargada de animar as rúas pola mañá, tarde e noite foi unha xirafa de grandes dimensións, feita integramente con globos e que paseou as rúas con música e baile. A casa da cultura acolleu un acontecemento histórico para o mundo do teatro e para a actual revolución feminista. Un total de doce mulleres que levan traballando no mundo do teatro fixeron un repaso polo pasado, presente e futuro do seu papel sobre un esceario. "Unha oportunidade única de xuntar a grandes rostros do teatro galego defendendo os seus dereitos e vivencias", aclaraba Josi Lage, directora do Fetega. A previa antes do prato forte, representación na rúa, ca peza "O que queda por chover", no Anfiteatro da Veracruz, un dos puntos clave nos que se puido disfrutar de grandes minutos de teatro en vivo. 

A noite de onte foi un dos momentos máis esperados. Todo estaba preparado para unha gala que resultou moi emotiva. Un xurado do máis selecto, formado por Victor Dupla, María Vázquez e Antonio Durán "Morris", foi o encargado de escoller o elenco de mulleres premiadas. Un dos rostros máis importantes da noite foi o de Marta Pazos, premiada co galardón de honra "Dorotea Bárcena", que aínda co premio na man non o podía terminar de crer. A noite terminou co máis importante, con teatro, pero tamén recordando a memoria de Ernesto Chao, falecido recentemente.


Unha valoración que deixa un bo sabor de boca tras moito traballo


Na mañá de onte reuníanse s autoridades colaboradoras e a dirección do Fetega para facer unha valoración da que foi a edición 29ª deste festival.  Na mesa sentaron o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega; o deputado de Cultura, Manuel Doval,e a directora do Fetega, Josi Lage. Máis ca uns números, o que mostra o alcance destas representacións é a xente que moven. Os resultados deixaron satisfeitos a todos eles, que tamén fixeron unha análise crítica do difícil que é sacar adiante un proxecto deste calibre e do necesario que é contar cunha boa financiación que respalde a cultura, "sobre todo a da nosa propia lingua". A enquisa realizada entre os asistentes do Fetega amosa que o xénero preferido polo 82,70% do público é a comedia, algo polo que esta edición apostou en gran medida, ademáis dun acerto ca hora das representacións, no segundo posto de preferencia cidadá. En canto a incluir outros idiomas, o público teno claro, o Fetega é galego. A procedencia, aínda que maioritariamente é do Carballiño, tamén hai galegos e xente de fóra, algo moi alentador. "Sempre temos en conta a opinión da xente para mellorar", asegurou Josi Lage.

Te puede interesar