Un busto lembrará a Antonio Palacios na Praza da Veracruz

Igrexa da Veracruz, do arquitecto Antonio Palacios.
photo_camera Igrexa da Veracruz, do arquitecto Antonio Palacios.

O Concello do Carballiño prevé pechar a homenaxe aAntonio Palacios, autor do proxecto da Igrexa da Veracruz, colocando un busto na contorna do templo para dar visibilidade a un dos grandes arquitectos contemporáneos de España. Ao mesmo tempo, anuncia unha  conferencia sobre a vida e obra do artista "cando a situación sanitaria o permita", apunta o concelleiro de Cultura, Diego Fernández.

A programación que se puxo en marcha para homenaxear a Antonio Palacios no ano 2020, coincidiendo cos 75 anos do seu pasamento, viuse interrompida por causa do covid-19, e agora os responsables municipales optan por esperar a que a situación se normalice no 2021 para poñer fin a este recoñecemento.

"O Concello do Carballiño decidiu que o ano 2020 debía ser o do recoñecemento a un artista que sen dúbida deixou a súa pegada na vila. O Templo da Veracruz, a xoia arquitectónica do Carballiño, foi diseñada polo arquitecto no pasado século e hoxe segue a ser un dos grandes reclamos de Galicia", engade Diego Fernández.

Así pois, o Concello comezou o recoñecemento cun exitoso concerto no pasado mes de marzo da Escolanía de Segovia, que deu lugar á apertura do Festival Internacional de Música "Pórtico do Paraíso"; ao que seguiron outros das corais do Carballiño. Tamén se editaron uns folletos divulgativos sobre o Templo da Veracruz que están repartidos pola vila e foron ben acollidos por os visitantes. Agora encargará o busto de Palacios a un artista aínda pendente de elexir.

Te puede interesar