POLÍTICA

Caballero recolleu ideas de Fumega para o seu programa

Gonzalo Caballero.
photo_camera Gonzalo Caballero.
O obxectivo destes encontros é recoller as mellores propostas das entidades locais no programa dos socialistas

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, mantivo unha xuntanza telemática co alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, dentro dunha rolda de contactos que está levando a cabo cos alcaldes socialistas. O obxectivo destes encontros é que sirvan para recoller as mellores propostas a través do contacto coas distintas realidades locais, en liña co propósito de presentar a Galicia un programa que priorice a aposta pola sanidade pública e o fortalecemento do estado do benestar, así como a recuperación económica.

Gonzalo Caballero puxo en valor a acción do goberno de España, tanto no eido sanitario e social como na posta en marcha de medidas encamiñadas a procurar un escudo protector para a cidadanía, e manifestou o seu compromiso de traballar nesa liña á fronte dun goberno progresista.

Te puede interesar