O Carballiño

Campamentos, obradoiros e natación para nenos en Maside

O Carballiño

ACTIVIDADES DE VERANO

Campamentos, obradoiros e natación para nenos en Maside

As actividades empezan co IX Campamento de verán, para rapaces de 6 a 12 anos, de luns a venres, cun coste de 20 euros para os empadroados e 25 para os non empadroados.

O Concello de Maside inicia o próximo 1 de xullo o programa de actividades dirixido aos nenos. Empeza co IX Campamento de verán, para rapaces de 6 a 12 anos, de luns a venres, cun coste de 20 euros para os empadroados e 25 para os non empadroados. Tamén o día 4 do mesmo mes comezan as clases de natación infantil, de luns a mércores e de martes a xoves, de 11,00 a 12,00 horas. A idade mínima para poder participar é de 3 anos cumpridos.

Para o domingo, 17 de xullo, está prevista a terceira Festa da Espuma, ás 20,00 horas na Pista Vermella de Maside.

A programación complétase cos obradoiros de verán, para nenos de 3 a 5 anos, no Colexio da Alameda, de luns a venres, en horario de 10,30 a 13,30 horas. Comezará o día 1 de agosto e rematará o 25 do mesmo mes. A cota de inscrición é de 20 euros empadroados e 25 non empadroados en Maside.n
 

Más en O Carballiño
Comentarios