Unha campaña achega a Lei de Dependencia ósmaiores do rural

A Concellaría de Igualdade e Benestar do Concello do Carballiño, que dirixe a nacionalista Áurea Francisco, en colaboración co Sindicato Labrego Galego, promove unha campaña informativa sobre a Lei de Dependencia e o mundo rural.
A campaña consistirá nunha serie de reunións ou charlas con variadas informacións sobre a nova Lei da Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia, centradas fundamentalmente nas persoas maiores e os seus familiares, dando conta dos servizos existentes e das posibilidades de accesibilidade a estes, así como dos trámites e procedementos para a súa solicitude.

As charlas perseguen, asemade, sensibilizar sobre o papel social das coidadoras e coidadores das persoas dependentes que, no mundo rural, en máis do 90% dos casos, é desenvolvida por mulleres. Esta campaña informativa está subvencionada polo Fondo Social Europeo e pola Consellería de Traballo e Benestar.

Te puede interesar