Unha campaña tenta buscar a solidariedade dos veciños de Piñor co pobo saharaui

O Concello de Piñor puxo en marcha un proxecto de solidariedade, unha iniciativa totalmente innovadora que trata de conquerir a participación cidadá así como a empatía cos habitantes do Sáhara.
Consiste nunca campaña de recollida de productos útiles para a poboación saharaui, concretamente, roupa de tódalas idades -en especial, vestimenta de verán, adaptada ás condicións do desertoe material escolar O alcalde do municipio, Francisco Xosé Fraga Cibeira sinala que ‘iste programa supón a unión e coordinación do noso Concello coa ONG Solidariedade Internacional Galicia, pois serán voluntarios desta entidade os que se encargarán de levar todo o recollido ó Sáhara’. Neste sentido, o rexedor socialista advirte que ‘é imprescindible doar exclusivamente productos que sexan de utilidade para os saharauis, evitando así cargar de material ás persoas que están a colaborar no proxecto’.

Fraga Cibeira engade que ‘tódalas persoas interesadas en facer algún tipo de doación contacte co departamento municipal de Servizos Sociais’.

Te puede interesar