ACONDICIONAMENTO

A canle da fábrica de papel de Carballiño xa está lista para a cría de troitas

<p></p>
photo_camera A auga xa volve discorrer pola vella canle

A limpeza tamén permitiu crear un novo sendeiro que transcorre pola marxe esquerda, seguindo o curso do río, e ofrecendo, polo tanto, unha nova panorámica do Arenteiro

O Concello finalizou os traballos de limpeza e acondicionamento da canle da antiga fábrica de papel da Lavandeira, que deixaron ao descuberto arredor de 170 metros da acequia que levaba a auga ata as norias e moas da fábrica e do muíño ubicados neste lugar. A auga volve a discorrer pola canle e o viaducto, para voltar outra vez ao río á altura da ponte nova.

Este espazo dedicarase a cría de troita autóctona para o cal os pescadores da Sociedade Arenteiro xa capturaron mediante a técnica de pesca eléctrica un total de 50 exemplares reproductores na parte máis alta do río Arenteiro e no Marañao, que se atopan agora na Piscifactoría para desovar, e xa con vistas o seu traslado en aproximadamente un mes, ata a canle da Lavandeira.

Para elo, aínda está pendiente a instalación dunhas comportas ao comezo e ao final do conduto, así como a cobertura cunha malla que impida que as garzas coman as troitas.

O presidente da sociedade, Alfonso Carballeda, sinalou que tendo en conta a capacidade da canle poderanse criar entre 3.000 e 5.000 troitas autóctonas, debido a que a súa alimentación será completamente natural.

A limpeza tamén permitiu crear un novo sendeiro que transcorre pola marxe esquerda, seguindo o curso do río, e ofrecendo, polo tanto, unha nova panorámica do Arenteiro. A cría de troitas non suporá ningún impedimento para poñer en marcha a reconstrución do proceso da fabricación de papel, prevista a curto prazo.

Te puede interesar