MÚSICA

O cantautor Emilio Rúa actúa o sábado no Auditorio

Presentará o seu último disco “Querida alegría”., que está composto por temas inéditos e de anteriores discos revisados e adaptados de novo

O cantautor ourensán Emilio Rúa ofrecerá un concerto este próximo sábado, no Auditorio municipal do Carballiño, ás 21,00 horas. Presentará o seu último disco “Querida alegría”., que está composto por temas inéditos e de anteriores discos revisados e adaptados de novo, así como versións de temas populares galegos como Pousa, Andar Miudiño e A Carolina.

Emilio Rúa conta cos premios nacionais de cantautores de Cantigas de Maio (Ceutí 2004) e o de Jóvenes Cantautores de Elche (2006).

Como actuacións máis destacadas están a da Festival de la Luz (dous anos no escenario grande), como artista galego invitado na xira de Víctor Manuel no 2016, entre outras. Actualmente está traballando no que será o seu séptimo cd de duetos con artistas como Víctor Manuel.

Te puede interesar