IMPOSTOS

Os carballiñeses pagarán un 10% menos polo IBI no vindeiro ano

O novo orzamento do Concello "terá unha perspectiva de incidir en infraestructuras e servizos públicos, así como na creación de emprego nos sectores industrial e de servizos turísticos"

O equipo de goberno do Carballiño comezou a elaboración do orzamento para 2019, no que destaca a previsión de rebaixar nun 10% o Imposto de bens inmobles (IBI), xa que, dende a alcaldía considérase que a actual situación económica do Concello permite esta modificación. Se ben este imposto, tanto en urbana coma en rústica, permanece conxelado dende o ano pasado, o goberno local asegura que, cara o vindeiro, aínda hai marxe para este desconto. Asemade, comentan que o novo orzamento "terá unha perspectiva de incidir en infraestructuras e servizos públicos, así como na creación de emprego nos sectores industrial e de servizos turísticos".

Te puede interesar