O Carballiño acollerá a estrea de “Comicamente”

O bo humor chega a Carballiño da man de “Comicamente”, un ciclo de espectáculos de humor ao aire libre en diferentes vilas e cidades galegas.

Será precisamente esta localidade a encargada de acoller a primeira parada desta serie de espectáculos.  O sábado 31 de xullo Carlos Blanco, Oswaldo Digón e Carmén Méndez inauguran Comicamente nun recinto situado no Campo das Barcias. O espectáculo comezará ás 22:00 horas e as entradas están xa dispoñibles en comicamente.gal e en Ataquilla.com 

Os mellores cómicos do país percorrerán Galicia este verán nesta iniciativa impulsada por Ainé Producións, Con de tres pés e Etiqueta Negra, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia no marco dos eventos para promocionar o Xacobeo 21-22. Os espectáculos terán lugar en recintos ao aire libre en distintas vilas galegas,  respectando as medidas sanitarias vixentes.  Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, Luis Piedrahita, Lucía Veiga, David Amor, Ledicia Sola, David Perdomo, Carmen Méndez, Celso Sanmartín, Oswaldo Digón, Marita Martínez, Pepo Suevos ou Isi serán algúns dos protagonistas destas noites de humor. 

Comicamente presentouse o día 22 de xullo na Cidade da Cultura e contou coa presenza de autoridades, representates de empresas e algúns dos cómicos protagonistas.
photo_camera Cómicos y autoridades durante la presentación de Comicamente en la Ciudad de la Cultura.
Será este sábado 31 de xullo e actuarán Carlos Blanco, Oswaldo Digón e Carmen Méndez

O bo humor chega a Carballiño da man de “Comicamente”, un ciclo de espectáculos de humor ao aire libre en diferentes vilas e cidades galegas.

Será precisamente esta localidade a encargada de acoller a primeira parada desta serie de espectáculos.  O sábado 31 de xullo Carlos Blanco, Oswaldo Digón e Carmén Méndez inauguran Comicamente nun recinto situado no Campo das Barcias. O espectáculo comezará ás 22:00 horas e as entradas están xa dispoñibles en comicamente.gal e en Ataquilla.com 

Os mellores cómicos do país percorrerán Galicia este verán nesta iniciativa impulsada por Ainé Producións, Con de tres pés e Etiqueta Negra, que conta co patrocinio da Xunta de Galicia no marco dos eventos para promocionar o Xacobeo 21-22. Os espectáculos terán lugar en recintos ao aire libre en distintas vilas galegas,  respectando as medidas sanitarias vixentes.  Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán, Luis Piedrahita, Lucía Veiga, David Amor, Ledicia Sola, David Perdomo, Carmen Méndez, Celso Sanmartín, Oswaldo Digón, Marita Martínez, Pepo Suevos ou Isi serán algúns dos protagonistas destas noites de humor. 

Comicamente presentouse o día 22 de xullo na Cidade da Cultura e contou coa presenza de autoridades, representates de empresas e algúns dos cómicos protagonistas.

Te puede interesar