MEDIO AMBIENTE

Carballiño acondiciona o Parque para os maiores

uploaded_limpieza_result
photo_camera Traballos de limpeza no Parque municipal do Carballiño para a festa do próximo sábado.

As brigadas de obras e medio ambiente do Carballiño acondicionan estes días o entorno do Parque municipal no que se vai desenvolver o próximo sábado a Festa dos Maiores.

As brigadas de obras e medio ambiente do Carballiño acondicionan estes días o entorno do Parque municipal no que se vai desenvolver o próximo sábado a Festa dos Maiores. Neste labor tamén colaboran os traballadores de Protección Civil lavando as rúas centrais e desatascando os sumidoiros con auga a presión.

Ademais da limpeza xeral, con desbroces, corte de herba e retirada de ramas, procédese á revisión e limpeza das instalacións de aseos, así como das fontes, tomas de corriente e de auga, e á montaxe da infaestrutura de mesas e bancos para o xantar do recinto oficial.

Por outra parte, o Concello tamén ultima o operativo da Policía Local e Protección Civil para cubrir as necesidades de tráfico e seguridade deste evento que reúne cada ano a milleiros de persoas chegadas de toda a provincia e de Galicia para compartir unha xornada de lecer neste marco natural do Carballiño. No apartado de seguridade, contarase tamén coa Guardia Civil, Policía Autonómica e Cruz Roja para garantir a seguridade dos asistentes. 
 

Te puede interesar