OBRAS

O Carballiño acondicionará as piscinas co taller de emprego

<p></p>
photo_camera Os traballadores apuran as últimas tarefas da ampliación da beirarrúa da rúa Carreira.

Os alumnos do obradoiro cambiarán as duchas exteriores e mellorarán as zonas de servizos 

O obradoiro de emprego que está a traballar no Carballiño acometerá a mellora do recinto das piscinas municipais da vila. Segundo anunciaba onte o Concello carballiñés, esta tarefa comezará en canto rematen as obras de ampliación da beirarrúa da Carreira que se está executando neste momento e que concluirán na xornada de mañá, mércores.

A intervención na rúa da Carreira permitíu incrementar ao doble a anchura da beirarrúa da marxe dereita, facilitando o paso de peóns e persoas con sillas de bebés e de rodas, algo que é moi frecuente, ao ser a ruta principal de acceso ao centro de saúde, ao instituto número 1 e á delegación de Facenda. A execución destas obras apenas afectou ás prazas de aparcamento, pois só se eliminaron tres ao comezo da rúa, debido ao estreitamento producido por unha vivenda vella que está fóra da línea de edificacion.

Ao remate destes traballos, os alumnos do obradoiro acometerán varias tarefas de reforma no recinto das piscinas municipais. Así, está previsto que cambien as duchas situadas no exterior do recinto e a mellora da zona de servizos.

Neste obradoiro de emprego, denominado Carbonan, participan catro concellos, Maside, San Amaro, Boborás e O Carballiño. Cada concello afronta as súas propias obras e o do Carballiño leva realizadas xa dúas, a ampliación da beirarrúa da rúa Aldara e a da rúa Carreira. A nova tarefa que acometerá será o arranxo do recinto das piscinas municipais. A maiores, Carballiño ten en marcha outra iniciativa de promoción do emprego, como é o Plan Integral de Emprego 'Carbaemprega', no que participan 60 desempregados.

Te puede interesar