Día das Letras

Carballiño apraza ata outubro o Día das Letras

O Servizo de Normalización Lingüística tiña previsto desenvolver, hoxe mesmo, un recital poético,

O Concello de Carballiño aprazou ata o mes de outubro, coincidindo coa nova data establecida pola Real Academia Galega, as actividades que tiña previsto desenvolver neste mes de maio co gallo da celebración das Letras Galegas, que este ano están adicadas ao ferrolá Ricardo Carvalho Calero. 

O Servizo de Normalización Lingüística tiña previsto desenvolver, hoxe mesmo, un recital poético, pero tamén diversas actividades de contacontos e obradoiros na sala infantil e xuvenil da Biblioteca Pública Municipal e a edición de un marcapáxinas para agasallar ao alumnado e veciños. Todos eles se aprazan para outubro.

Entre as actividades xa contratadas que se ían a traballar co alumnado da vila destaca a obra de teatro baseada en "4 pezas" (A sombra de Orfeo, Farsa das zocas, A arbore e Auto do prisioneiro) de Ricardo Carballo Calero e que se ía representar no auditorio Manuel María para o alumnado de 2º ciclo da ESO. Asemade, estaban previstos os obradoiros de taboleiros medievais e "Lingua Froza" nos centros de primaria da vila.

Te puede interesar