Carballiño apraza a gala “A parodia do ano”, prevista para o sábado, pola previsión de treboadas

photo_camera Fotografía dun espectáculo de Especialistas Hípica Celta no anfiteatro da Veracruz o pasado Nadal.
Estaba prevista para este sábado as 20:00 horas no anfiteatro da Veracruz

Aprázase a gala de maxia, circo e humor, “A parodia do ano”, prevista para este sábado ás 20,00 h no anfiteatro da Veracruz, a causa da previsión de fortes treboadas para a tarde de mañá.

O espectáculo creado por Especialistas Hípica Celta, promovido polo concellería de Cultura do concello do Carballiño dentro da Rede de Auditorios de Ourense, e que se ía a estrenar nesta convocatoria, celebrarase en próximas datas, que se anunciarán a próxima semana.

Te puede interesar