MÚSICA

O Carballiño celebra 26 anos do seu Festival de Habaneras

20190723192834072_result
photo_camera Cristian Casas, Diego Fernández e Emilio Rodríguez durante a presentación.
Diego Fernández resaltou a importancia deste festival dentro da programación cultural do Carballiño

O Coro Los Templarios de Castro Urdiales (Cantabria), a Rondalla Club de Campo de Ferrol, a Rondalla Afaia de Cenlle e o Orfeón do Carballiño son as agrupacións musicais que actuarán no XXVI Festival de Habaneras, que se celebrará o próximo 3 de agosto no Auditorio Manuel María do Carballiño, a partir das 20,30 horas, e con entrada gratuíta.

O Orfeón do Carballiño é o organizador deste festival, que presentou onte no Concello carballiñés o seu presidente, Emilio Rodríguez,  acompañado polo concelleiro de Cultura, Diego Fernández, e o director da agrupación, Cristian Casas, que tamén adiantaron o nome do homenaxeado nesta nova edición: José Ignacio Paz Bouza, catedrático de Anatomía da Universidade de Salamanca, e que leva máis de 30 anos presidindo o Centro Galego nesa cidade.

Diego Fernández resaltou a importancia deste festival dentro da programación cultural do Carballiño e agradeceu ao Orfeón que siga levando o nome da vila por todos os lugares onde actúa. Emilio Rodríguez recordou que este festival naceu como unha homenaxe aos emigrantes do Carballiño e da comarca, e sinalou que están moi orgullosos da súa traxectoria coa actuación de máis de sesenta agrupacións de Galicia, España e doutros países. Cristian Casas destacou a calidade do festival e referiuse ao Coro Los Templarios, que é unha agrupación de 26 voces graves creada no ano 1985; a Rondalla Club de Campo, con 44 compoñentes, e a Rondalla Alfaia, que é unha das poucas que quedan na provincia.

Te puede interesar