Carballiño disporá de cinco novas prazas sanitarias

A Xunta ofertará cinco prazas fixas por concurso de méritos para os centros de saúde da comarca do Carballiño, segundo apuntou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na súa visita ao centro de saúde de Punxín, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e polo xerente da área sanitaria, Félix Rubial. 

Tal e como detallou o responsable do Servizo Galego de Saúde, desas prazas, “unha será no centro de saúde de Punxín, outra no de Irixo e tres no de Carballiño”. “Estamos a blindar a estabilidade da asistencia médica dos centros de saúde desta comarca nos vindeiros dous anos”. Engadindo que “neles teremos ese núcleo de cadro de persoal fixo que non se moverá nin nas ofertas públicas de emprego nin nos concursos de traslados”, e destacando que Galicia é a primeira en implantar o acceso mediante concurso.

Te puede interesar