Carballiño oferta tres campamentos para os nenos

<p></p>
photo_camera Campamento en Porto do Son.

O primeiro é de educación ambiental e terá lugar en Porto do Son, do 23 ao 28 de xullo, e vai dirixido preferentemente a nenos de 12 e 13 anos. Hai 25 prazas, e o custo para os usuarios será de 85 euros.

A Concellería de Educación, Cultura e Xuventude do Carballiño oferta 64 prazas en tres campamentos xuvenís. O primeiro é de educación ambiental e terá lugar en Porto do Son, do 23 ao 28 de xullo, e vai dirixido preferentemente a nenos de 12 e 13 anos. Hai 25 prazas, e o custo para os usuarios será de 85 euros. No caso de familias con rendas reducidas, o custo será de 15 euros. A inscrición comeza hoxe e remata o 18 de xullo

O segundo campamento é de inmersión lingüística en inglés, celebrarase en Silleda, do 23 ao 29 de agosto. Ofértanse 24 prazas e vai dirixido a nenos de 14 a 15 anos. O custo será de 190 euros, e para rendas reducidas, 70 euros. A inscrición será desde hoxe ata a o 22 de xullo.

Finalmente, o terceiro campamento ten unha temática de aventura no parque natural do Xurés, tamén se desenvolverá do 23 ao 29 de agosto, en Muiños. É un campamento organizado pola Deputación provincial, que oferta 15 prazas e está dirixido a nenos de 9 a 11 anos. O custo do mesmo é de 88 euros. Para este último campamento o período de inscrición rematará o 18 de xullo. Nos tres teñen preferencia os nenos empadroados no Carballiño.

Te puede interesar