OCIO EN VERANO

Carballiño ofrece en xuño e agosto catro campamentos

El deporte o la música son algunas de las temáticas en las que se centrarán estas actividades 

O Carballiño acolle este verán catro campamentos. A academia Padelprix organiza, en colaboración co Concello e a Deputación, un campamento  multideportivo con especial dedicación ao tenis e o padel, do 26 ao 30 de xuño. Ten como obxectivo fomentar a práctica deportiva lúdica.

Por outra banda, a mocidade amante da música ten unha cita do 10 ao 14 de xullo no Colexio Vila do Arenteiro. Os participantes poden aloxarse alí durante estas xornadas ou só asistir ás clases.

Ademais, está previsto un campamento urbano que comezará o 3 de xullo, e desenvolverase ata o 31 dese mes en dúas quendas. Vai dirixido a nenos de 5 a 15 anos. O campamento está organizado por Máis Escola XXI, en colaboración co concello, e oferta actividades deportivas e de ocio.

Finalmente, está programado Templo Libre Máxico, que se desenvolverá durante todo o mes de xullo e a primeira quincena de agosto, organizado polo Casino e o Concello. 

Te puede interesar