PROVINCIA

Carballiño promove a actividade física entre os veciños

O programa "mulleres máis activas" comezará o dÍa 23 no parque municipal e durará tres meses

 A concelleira de Benestra Social, Igualdade e Sanidade, Marina Ortega, anuncia o inicio da actividade de Aquagym e Aprender a nadar (con dous niveis, básico e avanzado). O prazo de inscripción está aberto ata o vindeiro 25 de setembro nas dependencias de Faustino Santalices. Paralelo a isto, levarase a cabo o programa integral “Mulleres Máis Activas”, dirixido a mulleres de tódalas idades, dando impulso á práctica deportiva en mulleres, dentro da campaña deste programa de Promoción da Igualdade, e como complemento ás actividades xa iniciadas no derradeiro 8 de Marzo 2015 “ Con E de Emprendedoras”.


“Mulleres Máis Activas” comezará o día 23 de setembro de 2015 no Parque municipal, cunha duración de tres meses e unha sesión semanal en horario de 11,30 a 12,30 de ximnasia de mantemento. Ademáis farase aproveitamento do Parque Biosaudable.
Tamén terá continuidade a Campaña de Sensibilización e Animación da Actividade Física en persoas con discapacidade, pretendendo acadar a plena integración mediante a actividade física como instrumento de interrelación e de estímulo, tendo como obxectivo a mellora na calidade de vida. Empeza o 22 de setembro, cunha duración de 10 sesións no local de Aspadisi. 
Por último, seguirá a Promoción de Hábitos Saudables, intervindo en conductas relacionadas coa actividade física, desenvolvéndose nos diferentes colexios e institutos do entorno.

Te puede interesar