Carballiño renovará a rúa Ourense e sanea o río Carrás

Francisco Fumega e José Antonio Quiroga asinando o convenio.
photo_camera Francisco Fumega e José Antonio Quiroga asinando o convenio.
O proxecto, financiado pola Confederación Hidrográfica e o Concello, ascende a 1,7 millóns

O proxecto de humanización e mellora do saneamento da rúa Ourense do Carballiño inclúe a construción dunha glorieta e a reposición do pavimento, mobiliario urbano e axardinamento. O alcalde, Francisco Fumega, e o presidente da Confederación Miño-Sil, José Antonio Quiroga, asinaron onte o convenio que determina as condicións para a financiación, redacción, posta a disposición dos terreos e entrega das obras.

Coa execución deste proxecto, que acada un orzamento de 1,7 millóns de euros e será cofinanciado pola Confederación e o Concello, nun 80% e un 20 %, respectivamente,
poñeranse fin ás deficiencias existentes na rúa Ourense. No último tramo, as condicións de evacuación de augas residuais e pluviais encóntranse en mal estado e a colaboración entre as dúas entidades permitirá poñer fin á problemática. O proxecto tamén inclúe a execución de novas redes de saneamento e pluviais, así como a renovación das redes de abastecemento.

Fumega destacou a importancia do proxecto, tendo en conta que permitirá sanear o río Carrás e evitar as inundacións que se producen cando hai intensas choivas.

Te puede interesar