Censo

Carballiño ten 1.995 persoas que viven soas no municipio

photo_camera Instalacións dos Servizos Sociais do Concello do Carballiño. (S.P.)
O Concello tenas identificadas e ofértalles, de forma voluntaria, un servizo de prevención e seguimento

O Concello do Carballiño acaba de elaborar un censo específico da población de persoas que viven solas. En total son 1.995, das que 1.105 son mulleres e 890 homes, sendo 846 as que superan os 70 anos e están soas nos seus fogares, polo que resulta imprescindible implementar medidas sociais para resolver a preocupante situación de soidade, segundo valora o alcalde, Francisco Fumega. 

Este censo vai ser a ferramenta base para poñer en marcha un novo servizo municipal mediante o que se coordinarán os corpos de seguridade, sanitarios e os asistenciais do concello co obxectivo de desenvolver un labor de prevención e seguimento daquelas personas que de forma voluntaria se queiran adherir.

Unha vez que estas persoas están xa identificadas e localizadas neste censo, o seguinte paso consistirá en contactar con cada unha delas para ofrecerlles este novo servizo co que se persigue previr accidentes, unha atención asistencial máis rápida e eficiente e evitar que falezan soas e que non se sepa delas durante largos periodos.

Carballino conta na actualidade cunha poboación de 14.227 habitantes. No casco urbano residen 11.708 habitantes, o que representa o 82,3% do censo total, mentres que nas parroquias rurais viven 2.519 persoas, que supoñen o 17,7% da poboación actual. Unha diferencia que se establece entre as persoas que viven na vila e as que viven nas parroquias rurais é a idade media, no Carballiño está en 47,3 anos e no rural en 54,7. 

No rural, os menores de 10 anos representan o 4,8% dos seus habitantes, mentres que os maiores de 70 anos ascenden ata o 32% do seu conxunto. Pola contra, no casco urban os maiores de 70 anos descenden ata o 20,8% e os menores de 10 anos ascenden ata o 7,1%.

Segundo este censo, nas aldeas o número de fogares que están compostos por un único membro ascenden a 335 persoas, sendo maiores de 80 anos o 32% das mesmas; entre 70 e 80 anos o 23,9% e menores de 30 anos tan só un 6,3%. No casco urbán estas porcentaxes mudan dunha maneira importante, sendo os maiores de 80 anos que viven sós o 23,2%; os que teñen entre 70 e 80 anos o 16,4% e os menores de 30 anos supoñen o 16,3%. 

Polo que fai referencia ao mapa da soidade no mundo rural carballiñes, Cabanelas aparece liderando o ranking das parroquias nas que máis persoas viven soas nos seus fogares, que alcanzan a cifra de 12. Despois aparece a parroquia de Veiga co 21% da súa poboación,

Piteira (16,4%), Longoseiros (16,1%), Partovia (16%) e Arcos (15,96%). A idade media increméntase gradualmente cantos menos individuos compoñen o fogar, sendo de 62,7 anos a dos fogares nos que vive unha única persoa a 35,9 nos que viven máis de 6.

A Xunta de Galicia anunciou o pasado día 13, tras unha iniciativa socialista, a elaboración dun censo de persoas maiores que viven soas e unha estratexia de atención a este colectivo para o 2020. No Concello de Ourense tamén se planteou este verán pasado facer algo similar e en Barbadás xa dispoñen dun censo de fai varios anos.

A poboación, en cifras:

Dos 14.227 habitantes, o 46,5% son homes e o 53,5 mulleres.

De máis de 70 anos no rural representan o 32% do seu conxunto e no urbán o 20,8%.

Un 14,02% dos fogares do Carballiño están ocupados por unha soa persoa, e un 24’19% por dúas persoas.

O 4,8% menores de 10 anos no medio rural, mentres que no núcleo urbano ascenden ao 7,1%.

1.995 persoas viven soas no municipio.

Te puede interesar