O Carballiño

A Casa do Concello de Beariz disporá de luminarias LED

Os responsables do concello afirman que en caso de avaría é imposible substituir as lámparas vellas

O Concello de Beariz adxudicou as obras de eficiencia enerxética nas dependencias municipais. As instalacións datan do ano 1987, e teñen luminarias de incandescencia e halóxenas. Hoxe en día este sistema de iluminación quedou totalmente obsoleto dado que, por unha banda, ditas luminarias xa non se fabrican, motivo polo que prácticamente é imposible proceder á súa substitución en caso de avaría e, por outra banda, supoñen un gasto considerable no referente ao consumo eléctrico, segundo valoran os responsables municipais. 

Por este motivo cómpre proceder urxentemente á súa substitución por pantallas led "o que sen dúbida contribuirá a conseguir un maior aforro enerxético para as arcas municipais e deste xeito conseguir unha maior eficiencia enerxética", engaden. 

Así, na planta baixa procederase a substituír as luminarias existentes no hall de entrada, hall interior, xulgado de paz, aula Cemit, salon de actos, Correos e almacén, en total, 41 luminarias. Na primeira planta: substitución das luminarias existentes no hall, biblioteca, salón de plenos, aseos, servizos sociais, oficinas, alcaldía, secretaría e tenencia de alcaldía, en total 62 luminarias; mentres na segunda planta cambiaranse 24. Ademais, procederase a reparar a carpintería do lucernario superior sobre o patio de entrada, que se acometerá cunha subvención de 15.000 euros, aportada pola Consellería de Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Te puede interesar