O Casino acolle a presentación do libro-disco “Os soños na gaiola"

Entre os asistentes, contarase coa coa presenza de Senén Vaamonde e Gael Vaamonde, autores da devandita edición

A Agrupación Cultural Avantar do Carballiño, coa colaboración da Asociación Musical e Cultural Andasoa e Cine Club, organiza a presentación do libro-disco " Os soños na gaiola ", con poemas de Manuel María e música de Suso Vaamonde. Será no Casino do Carballiño, o próximo domingo  (10 de abril), ás 20,00 horas. Entre os asistentes, contarase coa coa presenza de Senén Vaamonde e Gael Vaamonde, autores da devandita edición.

Despois do acto de presentación, terá lugar un concerto de Mini e Mero, membros do grupo A Quenlla, e membros fundadores do grupo Fuxan os Ventos. A entrada é libre e gratuíta. 

Te puede interesar