celebración

O Casino de Carballiño celebra con música e canto o seu 55 aniversario

A celebración comezará ás 20,30 horas, no salón de actos,

O Casino Recreativo e Cultural do Carballiño celebra o próximo sábado o seu 55 aniversario e tamén a Festa da Mimosa con diversos actos, que se desenvolverán nas súas instalación da rúa Tomás María Mosquera. 

A celebración comezará ás 20,30 horas, no salón de actos, cun conceto no que participarán os alumnos da Escola de Guitarra, que se desenvolve no propio Casino; tamén actuará a Coral Polifónica da entidade e a Banda de Gaitas do Carballiño.

A continuación, haberá un ágape que estará amenizado pola charanga "CLK".


Coral


Por outra banda, a Coral Polifónica do Casino comeza con esta actuación unha serie de concertos para conmemorar o seu 40 aniversario. "40 anos non son nada" (1979-2019)", é o título deste primeiro concerto, que ofrecerá nas instalacións do Casino.

Tanto os directivos da entidade recreativa e cultural como os membros da Coral Polifónica animan a asistir a esta festa que se celebra cada ano por estas datas.

Te puede interesar