Os cativos de Piñor abriron o programa lúdico do verán

O Concello de Piñor inaugurou o pasado luns o Programa de Actividades Infantís do Verán, realizando unha xornada lúdica coa axuda de monitores do Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo da Deputación.
Dende as 11,00 ás 18,00 horas, un total de 20 cativos disfrutaron de xogos tradicionais, elaboración de cinturóns, diademas e bufandas coas súas mans, xogos acuáticos, e, por último, dunha merenda a cargo do propio Concello, con degustación de froita bañada en chocolate. O programa continuará ata o mes de agosto.

Te puede interesar