Cea mostra interés pola recuperación da terra

Inés Santé, José González e José Luis Valladares durante o encontro cos veciños.
photo_camera Inés Santé, José González e José Luis Valladares durante o encontro cos veciños.

José González, o Conselleiro do Medio Rural, resalta as ferramentas da Lei de recuperación da terra agraria

O conselleiro do Medio Rural, José González, mantivo un encontro con veciños de San Cristovo de Cea para afondar nas vantaxes da Lei de recuperación da terra agraria e das ferramentas que nela se recollen. O fin destas ferramentas como son os polígonos agroforestais, as aldeas modelo, as agrupacións de xestión conxunta e as permutas de especial interese agrario, é impedir ou reverter o abandono do rural ao mesmo tempo que protexe o medio ambiente, creando emprego e apoiando á prevención contra os incendios forestais.

O conselleiro destacou que no vindeiro ano poranse en funcionamento os primeiros polígonos agroforestais en Oímbra e Cualedro; e as primeiras agrupacións forestais e xestión conxunta, vinculadas a plans piloto para a recuperación de soutos tradicionais en O Bolo, Parada de Sil e A Veiga, e nos lucenses do Incio, Paradela e Folgoso do Courel. No caso das aldeas modelo, as 21 aprobadas estarán en funcionamento no 2024, ademais de poñer en marcha o centro de experimentación agraria en Carballeda de Avia.

Te puede interesar