O Carballiño

O CEIP Calvo Sotelo conta cun desfibrilador e persoal formado

O Carballiño

Salud

O CEIP Calvo Sotelo conta cun desfibrilador e persoal formado

A asociación de pais desenvolveu unha campaña solidaria para conseguir un espazo cardioprotexido

O CEIP Calvo Sotelo do Carballiño é un espazo cardioprotexido gracias a unha iniciativa solidaria iniciada fai un ano pola Anpa A Uceira, que se uniu ao "Proxecto Salvavidas", que permite contar con espazos cardioprotexidos gracias a venda de pulseiras solidarias. O obxectivo era vender 1.000 pulseiras para conseguir un desfibrilador para o colexio, e formación homologada para nove profesores. O pasado martes levouse a cabo esta formación por Emilio Aguete, especialista en emerxencias, que se desplazou ata o CEIP Calvo Sotelo para impartir a formación. 

Verónica Civeira, enfermeira do centro de saúde e membro da Anpa, foi unha das promotoras da iniciativa, porque "cada ano morren en España 30.000 persoas por parada cardíaca, ter un desfibrilador no sitio e no momento adecuado, e persoas que sepan usalo aumenta considerablemente a supervivencia. Os datos indican que actuar con un desfibrilador nos primeiros cinco minutos de unha parada aumenta máis dun 70% a supervivencia". 

A asociación de pais agradece a colaboración de todos os que contribuíron a que a campaña fose un éxito, e o presidente da Anpa, Christian López, sinala que "o primeiro día da campaña xa recibimos moitas chamadas e mensaxes de comercios, pais, profesores, que querían colaborar, gracias a todos eles conseguimos o noso obxectivo, e nove profesores recibiron no salón de actos do cole a formación teórica e práctica.