Cen parados fórmanse en informática dixital

Ata o momento, levouse a cabo a formación en Manipulador de alimentos e Alérxenos, na Casa da Cultura

Os 100 beneficiarios do Programa Integrado de Emprego do Concello de Carballiño 2019/20, que comezou no pasado mes de  outubro para traballar na inserción sociolaboral dos participantes, están desde o 24 de xaneiro deste ano asistindo ao "Curso de informática dixital avanzada". Esta formación é de 30 horas de duración, dividida en cinco grupos, e desenvólvese na aula Cemit do Concello de Carballiño, en horario de mañá e tarde co obxectivo de favorecer a conciliación laboral e persoal, rematando o próximo 18 de febreiro.

Ata o momento, levouse a cabo a formación en Manipulador de alimentos e Alérxenos, na Casa da Cultura, cunha alta participación dos usuarios do Programa Integrado do Concello do Carballiño, no més de xaneiro, que permitirá a incorporación laboral de desempregados no sector da hostaleria.

Ademais, segundo informan os responsables municipais está previsto a impartición dos cursos en Orientación laboral o Certificado de profesionalidade en Atención Sociosanitaria, a formación en Industrial, Carretilla elevadora, así como Marketing dixital e Atención ao cliente, ao longo de todo o Programa Integrado de Emprego. 

Esta formación ofértase a todos os participantes do plan, que se decantan por un itinerario ou outro en función das súas necesidades formativas e expectativas laborais.

Te puede interesar