SENDERISMO

O Centro de Estudios deseña rutas polo patrimonio

A primeira ruta terá lugar durante a próxima Semana Santa, e realizarase en Cabanelas e a fortaleza de Castro Cavadoso

O Centro de Estudios Chamoso Lamas programa diversas visitas e andainas guiadas para difundir o patrimonio histórico e cultural do Carballiño e da comarca. A primeira ruta terá lugar durante a próxima Semana Santa, e realizarase en Cabanelas e a fortaleza de Castro Cavadoso. Para o mes de maio, coincidindo coas Letras Galegas, organizarase un roteiro de Emilia Pardo Bazán, visitando aqueles lugares do Carballiño vencellados coa escritora, especialmente Banga. 

Finalmente, para finais do mes de xullo ou comezo de agosto, está previsto realizar unha andaina e visita nocturna ao xacemento dos petroglifos de Cangues. As visitas serán incluídas no programa cultural do Concello para despertar o interese polo patrimonio.

Te puede interesar