O centro social do Carballiño celebra este mes o Día do Libro

Feria del libro en las calles de Ourense (ÓSCAR PINAL).
Así será o Día Internacional do Libro no Carballiñó

O Centro Sociocomunitario do Carballliño conmemora neste mes de abril o Día Internacional do Libro con diversas actividades e un obradoiro de crochet temático: “Amigurumis”, un obradoiro de ganchillo de 10 horas de duración previsto para os luns, ás 16,30 horas.

Así mesmo, porase en marcha un punto fixo de “bookcrossing”, onde as persoas interesadas poderán intercambiar un libro por outro que resulte do seu interese; e tamén un curso gratuíto de alfabetización dixital, neste caso sobre a administración electrónica, dende o móbil ou ordenador, que se impartirá os martes, ás 17,00 horas.
Xa por último, está programada unha charla da Escola Galega de Saúde enfocada á prevención de accidentes no fogar, para o día 4 de abril, ás 16,30 horas.

Estas actividades, a maiores das habituais, “conforman unha interesante oferta, intentando así dar resposta á importante demanda e á extraordinaria acollida dos últimos meses”, sinalan desde a dirección.

Te puede interesar