O centro social organiza obradoiros, baile e un festival

Bosque de pinos. Foto: Pixabay.

O Centro Sociocomunitario do Carballiño abre nesta semana a inscrición para dous novos talleres, con motivo do día internacional do medio ambiente e outro pola conmemoración do San Xoán. 

Serán, por unha parte, un obradoiro de elaboración artesanal de produtos de limpeza naturais, libres de tóxicos, que se levará a cabo os mércores de xuño, das 17,30 ás 19,30 horas. E, por outra parte, un obradoiro de tradición e uso fitoterapéutico das plantas máxicas de San Xoán, onde ademáis de elaborar un bálsamo coas herbas, adquirirán coñecementos sobre a historia e tradición do ramo e do lume, así como sobre principios básicos de alquimia vexetal. Será o 20 de xuño, ás 17,00 horas.

Ademais, está previsto o baile do 25 de xuño con música en directo, e previamente, o día 16, haberá unha exhibición no auditorio das actividades.

Te puede interesar