Centros de ensino de Carballiño e Maside acollen actividades adicadas á muller

Os dous institutos de Educación Secundaria e o colexio público Calvo Sotelo, no Carballiño, e o centro de Primaria de Maside, organizan a vindeira semana as ‘Xornadas sobre a muller’, coa colaboración de varias institucións, sindicatos e organizacións non gubernamentais. A secretaria xeral de Igualdade en funcións, Carme Adán, será a encargada da conferencia inaugural, o vindeiro luns, ás 20.30 horas, na Casa da Cultura da vila carballiñesa.
Entre o martes e o venres, sucederanse mesas redondas, actuacións teatrais, espectáculos de rúa, obradoiros e a presentación da Marcha Mundial das Mulleres. O presidente da Unión do Pobo Galego (UPG), Francisco Rodríguez, falará de ‘Rosalía e o descubrimento de Galiza’ no colexio de Maside e no IES Chamoso Lamas, na xornada matinal do 2 de abril.

A programación pecharase o día 3 de abril no ‘Café 7 flores’ da vila do Arenteiro a partir das 23.00 horas, cun monólogo a cargo do grupo As Lerchas e un recital poético de Belén de Andrade e Chus Pato.


Te puede interesar