O Carballiño

Seis centros sociais do rural carballiñés acollerán talleres de risoterapia

O Carballiño

OCIO

Seis centros sociais do rural carballiñés acollerán talleres de risoterapia

Unha iniciativa que busca axudar ao envellecemento en positivo

Seis centros sociais do medio rural do Carballiño acollerán nas próximas semanas o programa de risoterapia dirixido ás persoas maiores "Risaplus", que ten por obxectivo axudar ao envellecemento en positivo, organizado pola Deputación e o Concello do Carballiño.

En concreto, as sesións programadas desenvolveranse todas no mes de abril, empezando en Seoane, o día 1 de abril; en Mesego, o 8 ; Señorín, o día 15 do mesmo mes; Madarnás, o día 17; Partovia, o xoves, 18 de abril, e Arcos, o 22 de abril.En todos os casos, o horario da actividade será de 16,00 a 17,30 horas. "Risaplus", que leva por lema "Envellecendo en Ourense, envellecendo en positivo", desenvolve diversas técnicas terapéuticas como xogo imitativo, participativo, xogo expresivo, xogos musicais, relaxación da risa, ioga da risa e respiración da risa, entroutras.

Más en O Carballiño