ACTIVIDADES

O Chamoso Lamas dirixirá dous roteiros centrados na escritora Emilia Pardo Bazán

O primeiro deles terá lugar o próximo 27 de maio a partir das 16,30 horas

O Centro de Estudios Chamoso Lamas, en colaboración co Concello do Carballiño, programa para o próximo 27 de maio un roteiro sobre Emilia Pardo Bazán. Desenvolverase a partir das 16,30 horas, cunha duración aproximada de tres horas e media, por Banga e Cabanelas. 

O programa inclúe unha visita guiada ao pazo dos Quiroga en Banga e á igrexa de Santa Baia, para continuar despois a andaina por Cima de Vila ata Cabanelas. Alí visitaranse diversos lugares de interese, como a Casa das Caras e despois o pazo dos Quiroga, para rematar na sede do  Centro de Estudios Chamoso Lamas, na Casa da Bexanca, onde se proxectará un documental sobre Emilia Pardo Bazán, e se levará a cabo unha tertulia con persoas expertas na súa obra, sobre todo no tocante á súa relación con Banga, Cabanelas e O Carballiño, que a escritora deixou reflexado na novela "El Cisne de Vilamorta" (1885).

O punto de encontro será ás 16,30 horas fronte á escola de Banga, por ser a zona con espazo de aparcadoiro. O itinerario empez no Pazo dos Quiroga de Banga, igrexa de Santa Baia, Cima de Vila, Cabanelas, Pazo dos Quiroga e Casa da  Bexanca. O recorrido é duns 3,5 quilómetros, aproximadamente, de ida, e outros tantos de volta. Para o próximo mes de xuño está prevista outra ruta, neste caso urbana, seguindo os escenarios do "El Cisne de Vilamorta". 

Te puede interesar