O Carballiño

Charla en Beariz sobre o acollemento de menores

O Carballiño

O Carballiño

Charla en Beariz sobre o acollemento de menores

O obxectivo é proporcionar unha atención temporal a aqueles nenos e adolescentes en situación de risco, desamparo ou desprotección social

O Concello de Beariz, en colaboración coa Cruz Vermella, organiza unha charla informativa sobre acollemento familiar de menores. É un programa da Xunta de Galicia que ten como obxectivo proporcionar unha atención temporal a aqueles nenos e adolescentes en situación de risco, desamparo ou desprotección social, tutelados ou en garda pola Xunta de Galicia, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

Trátase de que estes menores poidan vivir da mellor forma posible a súa infancia, sendo esta unha etapa fundamental na vida. Colaborar facéndose familia acolledora supón ofrecer un fogar e proporcionarlles coidados, seguridade, educación e o agarimo que necesitan mentres se solucionan as circunstancias que lles impiden vivir coa súa familia.

A charla terá lugar o vindeiro luns, día 17 de febreiro, ás 16,30 horas, no salón de actos ubicado na planta baixa do Concello de Beariz, e poderán acudir todos aqueles que o desexen.

As persoas interesadas en máis información poden contactar co Departamento de Servizos Sociais no teléfono 988 284000.

Más en O Carballiño