A choiva anegou a aula municipal alugada na rúa Calvo Sotelo

A forte treboada do pasado domingo inundou a rúa Calvo Sotelo do Carballiño debido ó bloqueo das saídas da rede do saneamento e o arrastre das pluvais procedentes da estrada de Cabanelas. Un dos efectos do temporal foi detectado na mañá de onte polos técnicos da Concellería de Educación e Cultura, ó comprobar o anegamento da aula que o Concello carballiñés ten alugada nun baixo de esa mesma rúa.
Así, estas instalacións, ocupadas durante o curso escolar polos cativos do programa Familias Madrugadoras e polos alumnos das escolas de gaitas e baile, quedaron totalmente inutilizadas, de xeito que a responsable municipal de Cultura en funcións, Asunción Rivero, ordenou o seu peche, mentres se buscan alternativas para realoxar ós participantes nas citadas actividades.


TRANSPORTE

A falta de locais de titularidade municipal agrava aínda máis a situación, mentres as autoridades barallaban como posibilidades a Casa da Cultura ou os baixos do Auditorio. Istes traslados tamén ocasionarían problemas ós rapaces acollidos, xa que sería necesario un servizo de transporte para levalos ós seus respectivos centros de ensino unha vez rematado o horario de atención matinal previo ó lectivo, que permite ós seus pais compaxinar a súa vida laboral pola semana.

Te puede interesar