O Carballiño

A choiva obriga a ter un único desfile na Festa da Cachucha

A previsión de choiva obrigou a suspender o desfile da tarde co resto das comparsas, así como a actuación da orquestra D´Moda

Debido á previsión de choiva para este domingo, e tendo en conta que hai certa probabilidade de que escampe entre as 12,00 e as 18,00 horas, o Concello do Carballiño tomou a decisión de manter o desfile e animación de rúa do mediodía durante a celebración da XXVI Festa da Cachucha, coas charangas, folións e comparsas de Amoeiro, e suspender o desfile da tarde co resto das comparsas, así como a actuación da orquestra D´Moda. 

Desta maneira, o único desfile previsto será a partir das 12,00 horas polas rúas do centro da vila.

Tanto os folións como as charangas animarán a rúa do paseo tamén pola tarde e debaixo da carpa instalada na Praza Maior.

Este cambio no programa non afecta ao xantar da cachucha e cocido do Entroido nos 26 establecementos hostaleiros, que contan cun número elevado de reservas.

Te puede interesar