O Carballiño

A CIG rexeita a discriminación de traballadores de Política Social

Critican que os empregados traballan menos de sus meses ao ano e piden manter o contrato durante o período entre estancias

A CIG considera que os traballadores da Residencia do Tempo Libre do Carballiño están traballando "en precario", asegurando que a Xefatura Territorial da Consellería de Política Social ten aos seus empregados traballando menos de seis meses ao ano, e engade que "agora a xefatura territorial fai unha auténtica discriminación cos propios empregados e fai que uns sigan traballando e outra parte dos mesmos sexan cesados e se vaian á rúa".

Desde a CIG rexeitan o que califican de "discriminación intolerable". Desta maneira, manifestan que "esiximos que todo o persoal da Residencia do Tempo Libre continúe contratado durante o período de entre estancias, tal e como vai a pasar con parte do persoal da mesma". Ao mesmo tempo piden á Xunta e ao Concello que manteñan o establecemento aberto todo o ano.

Te puede interesar