Cine Club adica aos directores asiáticos este mes de febreiro

OURENSE (BIBLIOTECA NODAL). 22-11-2017. OURENSE. Proyección de la película "O amante dobre" del director francés François Ozon, dentro del ciclo Incertezas del Cineclube Padre Feijóo. Presenta Fernanda Barros.
FOTO: ÓSCAR PINAL

A programación de Cine Club Carballiño neste mes céntrase sobre todo no cine asiático, comezando hoxe cunha das últimas películas do prolífico e veterán director surcoreano Hong Sang-Soo, cineasta que dota aos seus filmes dunha sensibilidade e beleza especiais, que o acabou por consagrar como un dos grandes do cine do seu país.

“Delante de ti” é un filme tremendamente poético, que reflicte a beleza do cotidiano e do pequeno cun cine directo dotado de sutileza e maxia. Conta a historia dunha veterana actriz que regresa a Corea do Sul, onde establece relación cun cineasta máis novo ca ela que quere que participe no seu proxecto. A película obtivo o Premio do Público no Festival de Xixón.  Os pases serán no Auditorio Manuel María, en horario de 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en versión orixinal.

Te puede interesar