Cine Club ofrece un ciclo dedicado a Carlos Velo

Esta fin de semana Cine Club Carballiño ofrece un ciclo de cine en colaboración coa Fundación Carlos Velo, centrado na obra do cineasta de Cartelle exiliado en México, onde fixo a súa carreira dentro do mundo do cinema, e tamén na obra da súa neta, Laura Gárdos Velo. 

O ciclo comezou onte coa proxección do filme de Laura Gárdos, “Años después”, e continúa hoxe, ás 19,00 horas, cun documental realizado pola cineasta sobre a obra do seu avó, titulado “Vieiros”. Antes do documental proxéctase unha curta tamén de Laura Gárdos, “Somos pasajeros”. O ciclo remata o domingo, ás 19,00 horas, con outra curta “Chocolates Cortázar”, e a posterior proxección de “Enviado especial”, película inédita de Carlos Velo.

As entradas ao Auditorio Manuel María é de tres euros nos dous primeiros días, sendo gratuíta a sesión prevista para o domingo.

Te puede interesar