O colexio de Cea recorda o masacre polo baldaquino

Coincidindo co 112 aniversario das mortes colocarase unha placa de homenaxe ás vítimas de Oseira

O Colexio de Cea rende homenaxe aos mártires de Oseira no día de hoxe coincidindo co 112 aniversario do suceso no que  sete persoas, entre elas unha muller embarazada e unha nena, faleceron a causa dos disparos da Garda Civil, baixo a orde do seu tenente, e outras dúas morreron nos días sucesivos. O seu delito foi defender o baldaquino de madeira que cubría o altar maior, para que non o levaran da parroquia. 

Esta noticia provocou un gran impacto, incluso a nivel internacional, producíndose revoltas e manifestacións. Tamén foi motivo de disputa no Parlamento en Madrid, durante o Goberno de Maura.

O baldaquino foi destruído moitos anos despois, aínda que quedan dúas pezas no Mosteiro de Oseira restauradas. Tamén se poden apreciar os impactos das balas na fachada da capela que dan testemuño daquel suceso.

O alumnado de sexto curso de Primaria, tras a realización dun proxecto de Educación Patrimonial e, en concreto, sobre patrimonios conflitivos, fixeron un traballo de indagación sobre o baldaquino do Mosteiro de Santa María de Oseira.

O colexio desenvolverá este acto e inaugura no centro unha placa en memoria das vítimas; tamén publicaranse proxectos análogos durante este mes de abril a través das redes sociais como é un vídeo, ademais dun programa de radio informando sobre o acontecido, en Radio Roxar, no que o alumnado interpretará unha copla de cego.

Te puede interesar