cultura

Os colexios reciben un libro dos Bolechas sobre igualdade

A publicación ten un total de 32 páxinas e contén textos e ilustracións alusivas a aqueles elementos máis significativos da vila, como son a Casa do concello, o Templo da Veracruz, o Parque municipal, ou o Museo Etnográfico do Arenteiro

A concelleira de Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Educación, Guadalupe Sobrado, presentou onte no colexio Vila do Arenteiro un libro-guía de Os Bolechas, editado polo Concello do Carballiño, a través do Centro de Información da Muller (CIM), en colaboración coa Secretaría Xeral de Igualdade, e que ten por título "Macrofesta no Carballiño. Pais, nais, mestres, mestras, nenos e nenas".

O concello distribuirá mil libros en todos os centros educativos do Carballiño co obxectivo de sensibilizar sobre a necesidade de educar en igualdade e contra a violencia de xénero, implicando a todos os estamentos que conflúen no sistema educativo: alumnos, profesores, país e anpas.

A publicación ten un total de 32 páxinas e contén textos e ilustracións alusivas a aqueles elementos máis significativos da vila, como son a Casa do concello, o Templo da Veracruz, o Parque municipal, o Museo Etnográfico do Arenteiro, a fonte do concello, a estación de Renfe, a Festa do Pulpo ou o monumento Munten da Praza do Emigrante.

Así mesmo, na penúltima páxina inclúese un plano do Carballiño coa localización de todos estes lugares e referencias.

Te puede interesar