Comeza unha campaña de captación de novos alumnos no Carballiño

O CARBALLIÑO (CEIP CALVO SOTELO). 09/02/2018. OURENSE. Entroido en O Carballiño, con el desfile de los escolares del colegio público. FOTO: ÓSCAR PINAL.
photo_camera Entroido en O Carballiño, con el desfile de los escolares del colegio público. FOTO: ÓSCAR PINAL.

A plataforma cidadá “O Campo da Feira NON se Pecha” vén de lanzar unha campaña publicitaria e informativa para fomentar a matriculación no colexio público Calvo Sotelo do Carballiño e en especial nos seus edificios máis emblemáticos: o Campo da Feira e o Calvo Sotelo.

Co gallo de acadar a máxima difusión posible ponse en marcha un reparto de panfletos e carteis nas escolas infantís, garderias, tendas e locais de hostalería facendo fincapé nas zonas de proximidade dos dous edificios do Campo da Feira e o Calvo Sotelo.

Estes dous colexios, hoxe están destinados a educación infantil (nenos de entre 3 e 5 anos), ofrecen unha atención cercana co alumnado e familias xa que se trata de aulas reducidas.
O obxectivo, segundo apuntan o membros da plataforma, é o de dar a coñecer as súas prestacións, “que todo o mundo coñeza as instalacións e se poida informar e facer que se saiba que poden solicitar o servizo de conciliación e comedor que presta o Concello do Carballiño independentemente do colexio ó que acudan”, matizan desde a plataforma cidadá.

Nese sentido, a plataforma tamén fixo promoción do día especial de portas abertas, que tivo lugar onte no edificio situado da Uceira, cunha reunión explicativa e a visita ás instalacións dos restantes edificios deste centro educativo.

Te puede interesar