Emprego

Comeza un novo programa de emprego que durará 10 meses

A formación comezará o próximo 13 de xaneiro

O director de Orientación e Promoción Laboral, Pablo Casal, e o concelleiro de Turismo, Industria e Emprego, Manuel Dacal, presentan mañá o novo Programa Integrado de Emprego do Concello do Carballiño 2019/2020, coa presenza da maior parte dos usuarios seleccionados.

O Programa Integrado de Emprego do Concello do Carballiño ten por obxectivo inserir laboralmente como mínimo ó 40% das cen persoas participantes. Para tal fin conta con tres itinerarios formativos principais: de servizos, sociosanitario e industrial, así como unha formación transversal común con disciplinas como manipulador de alimentos, alfabetización informática ou manexo de carretilla elevadora, entre outros.

A formación comezará o próximo 13 de xaneiro e terá unha duración de un total de 10 meses.

Te puede interesar