O CARBALLIÑO

Compromiso por Galicia critica a falta de debate en Punxín

O concelleiro de CxG tiña rexistrada unha moción para o seu debate plenario na que solicita a reprobación do rexedor, Manuel Vázquez, e do seu tenente de alcalde, Eulogio González, de Ciudadanos

O voceiro de Compromiso por Galicia (CxG) na Corporación de Punxín, Eladio Fernández, calificou de "insulto ós cidadáns" a decisión do alcalde, o popular Manuel Vázquez, de non convocar para hoxe venres a sesión ordinaria de pleno correspondente ó mes de xullo.

O concelleiro de CxG tiña rexistrada unha moción para o seu debate plenario na que solicita a reprobación do rexedor, Manuel Vázquez, e do seu tenente de alcalde, Eulogio González, de Ciudadanos, "por unha actitude antidemocrática, tanto antes como no propio proceso electoral". Noutra proposta, Eladio Fernández pide a declaración de espazo protexido para a contorna dos paseos do río Barbantiño.

Te puede interesar