gandería

Comuneiros de Beariz usan o monte para cría de vacún

beariz
photo_camera Eduardo Pazos Acuña, Marisol Díaz, Manuel Prado, José González e Eduardo Pazos Calvar.

O conselleiro de Medio Rural, José González, destacou tamén o potencial da carne de coello

A asociación de comuneiros de Alvite, en Beariz, acaba de firmar un convenio cun gandeiro de Forcarei (Pontevedra) para poñer en marcha unha explotación de gando vacún en extensivo. Os comuneiros dispoñen de unha ampla superficie de monte delimitada na que se empezará coa produción de carne con 20 vacas, pero coa intención de ampliar a delimitación da extensión e tamén o numero de cabezas. "Con esto disporemos de máis carne de gando autóctono e ao mesmo tempo protéxese o monte contra os incendios", declarou o alcalde de Beariz, Manuel Prado. 

O concello apoia este proxecto, segundo engadiu o rexedor municipal, para seguir potenciando Alvite desde o punto de vista agropecuario e tamén turístico, continuando coa súa rehabilitación de rúas e espazos públicos.

O conselleiro de Medio Rural, José González, desprazouse onte ata este municipio, visitando Alvite, acompañado do rexedor municipal e pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira. O titular de Medio Rural quedou gratamente sorprendido da rehabilitación levada a cabo na localidade e do proxecto de vacún extensivo.

Tamén se acercaron ata unha granxa de coellos, onde o conselleiro referiuse a que Galicia concentra máis do 24% da produción nacional de carne de coello. Alí, José González enxalzou este sector, sinalando que, en concreto, dos matadoiros galegos saen preto de 14.000 toneladas anuais de carne, segundo os datos oficiais do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. 

Respecto ao censo de coellos, o conselleiro trasladou que en Galicia contamos con preto dun millón de animais, o que supón o 16% do total nacional, só por detrás de Cataluña e Castela e León. 

En canto ao número de explotacións, asegurou que esta comunidade conta con 257 granxas o que a sitúa en sexta posición de España. Isto é así porque se trata dun sector profesionalizado, fronte a outras comunidades como Cataluña, que conta con máis explotacións agrarias rexistradas, pero de menor tamaño. Durante a visita á granxa de coellos, o conselleiro do Medio Rural aproveitou para agradecer aos gandeiros galegos o seu traballo diario. Destacou o caso concreto do titular desta explotación, Eduardo Pazos Acuña, que ademais está adherida a unha Agrupación de Defensa Sanitaria Gandeira, o que garante o seu nivel sanitario e zootécnico e o das súas condicións hixiénicas. Tamén está adherida a unha cooperativa como é Cogal, da que Pazos Acuña é secretario, o que reduce os custos de produción.

Te puede interesar