SAÚDE

A Concellería de Sanidade chama a vacinarse contra a gripe

Sobre todo en maiores de 60 anos, mulleres embarazadas, e aquelas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade

A Concellería de Sanidade do Carballiño faise eco da recomendación da Xefatura Provincial de Sanidade para difundir a campaña de vacinación antigripal nos centros públicos do municipio. Esta campaña, que comezou a semana pasada e se prolongará durante os próximos dous meses, ten por obxectivo previr os efectos da gripe na poboación en risco, e evitar o contaxio e as baixas que se producen por este virus nos centros de traballo.

Por elo, o departamento que dirixe a edil socialista Marina Ortega, recomenda, sobre todo, a vacinación naqueles sectores da poboación como maiores de 60 anos, mulleres embarazadas, e aquelas que desenvolven traballos esenciais para a comunidade. 

Te puede interesar