O Carballiño

O concello abre a piscina con dúas xornadas gratis

O Carballiño

O CARBALLIÑO

O concello abre a piscina con dúas xornadas gratis

As piscinas municipais do Carballiño abriron onte ao público.
photo_cameraAs piscinas municipais do Carballiño abriron onte ao público.

Ábrese o prazo de solicitude para os cursos de natación, cuxa inscrición deberá facerse nas piscinas municipais

As piscinas municipais do Carballiño comezaron onte a nova tempada de verán e o farán con dúas xornadas de portas abertas, que se prolongarán ata mañá, e nas que a entrada é gratuíta. O horario de apertura será de 11,00 ás 20,30 horas, finalizando a tempada o 8 de setembro.

Así mesmo, ábrese o prazo de solicitude para os cursos de natación, cuxa inscrición deberá facerse nas piscinas municipais. O monitor dos cursos será quen formalice as matrículas e ofreza canta información se precise ao respecto.

Nesta tempada, ao igual que na anterior, os bonos de 15 e 30 días serán por usos diarios, e non por quincenas ou mensualidades concretas, polo que se abarata significativamente o prezo das entradas. Así, cun bono de 15 días de adultos (máis de 16 anos), cuxo prezo é de 24,70 euros, o custo de cada entrada queda en 1,64 euros. Cun bono de 15 días infantil (de 4 a 16 anos), cuxo prezo é de 12,20 euros, o custo de cada entrada queda en 0,81 euros.

Os bonos de adultos de 30 días costan 35,90 euros, co que cada entrada sae a 1,17 euros. Os bonos infantís de 30 días costan 18,30 euros, co que o prezo de cada entrada é de 0,61 euros.

O custo dos bonos familiares é o seguinte: 30 días, 84,10 euros; 15 días, 42,55 euros, e de tempada (3 meses), 206,35 euros. As entradas soltas por día saen a 2,60 euros as de adultos e 1,60 euros as infantís.

Para poder realizar os cursos de natación, que son mensuais, hai que mercar o bono de 30 días, e o prezo do curso é de 40,40 euros. Así, os nenos menores de 16 anos deberán abonar 40,40 euros do curso máis 18,30 euros do bono de 30 días. E os adultos, 40,40 euros máis 35,90 euros do custo do bono de 30 días. Agás das entradas por día, que se venderán nas piscinas, o resto dos bonos deberán adquirirse na oficina de Recadación.